A Concellería de Emprego e Economía do Concello da Coruña organiza os días 29 e 30 de setembro a FEIRA DE ECONOMÍA SOCIAL no Campo da Leña (Praza de España).
A partir do venres 29 de setembro ás 17 h. a Feira estará aberta. Contará con distintos espazos:
Unha feira que procura poñer en valor a Economía Social, na que todo xira ao redor deste sector. O que nos ofrecerá esta iniciativa ven da man das entidades de economía social, amosando que moitas das necesidades e moitos ámbitos poden organizarse desde unha economía con valores.
Aesgal é entidade colaboradora da Feira de Economía Social da Coruña, xunto a Espazocoop, REAS Galicia, Agaca, Cegasal e Zocamiñoca.