Xornadas emprendemento na economía social

Se celebrarán os vindeiros 20 e 21 de decembro en A Estrada e A Coruña respectivamente

O obxectivo destas xornadas é que as persoas asistentes coñezan as posibilidades que ofrece a economía social de cara ao emprendemento, centrándose de forma especial nas sociedades laborais. Falaremos dos requisitos de constitución, prazos, trámites, financiamento, axudas existentes, etc. e unha persoa experta en constitución de empresas solucionará dúbidas das persoas asistentes.

 

O número de prazas dispoñibles son 15 en A Estrada e 22 en A Coruña, e a inscrición farase por estrito orde de chegada no seguinte formulario electrónico: https://goo.gl/forms/iQuQlfChYOSJys5r1

 

A xornada está organizada pola Asociación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia, coa colaboración de Confesal, e financiada polo Fondo Social Europeo.

 

      

 

+ noticias >>