O 29 de setembro reunimos en Compostela ás empresas usuarias da marca das sociedades laborais.
A actividade que imos facer vai servir de reflexión para dar o paso seguinte na promoción da marca.
¿Qué faremos?
Queremos traballar na elaboración dunha estratexia conxunta para a implantación e crecemento da nosa marca colectiva Facendo Empresa.
¿Cómo?
Construír unha marca colectiva require un traballo continúo, cuns obxectivos concretos, unha planificación no tempo e unhas ideas definidas sobre o que as sociedades laborais implicadas podemos aportar a este proceso.
Se esa marca representa a vosa empresa, debemos contar coas vosas suxerencias para que vos sintades cómodas formando parte do proxecto.
Realizaremos unha sesión de traballo dirixida a lograr eses obxectivos. Contaremos cunha persoa experta en Marketing que nos servirá de guía neste proceso no que sabemos que tamén ides aprender ferramentas que poderás aplicar no teu día a día. A nosa forza principal é o capital humano e que somos sociedades que non competimos entre nós e podemos aportar modelos que nos funcionan para que a marca Facendo Empresa obteña no mercado galego o prestixio que merecemos.
E para todo iso precisamos da tua colaboración.
Haberá tamén un tempo para os intercambios comerciais dun xeito informal pero eficaz. E, se o desexas, podes participar na comida posterior á esta xornada*
As inscricións realízanse aquí: https://goo.gl/forms/5K42QQ2n65TvphA22