1ª Xornada Facendo Empresa

A xornada de presentación da marca serviu para establecer relacións comerciais entre as sociedades laborais usuarias.

 

 

AESGAL, presentou o pasado 29 de setembro a Marca Colectiva Facendo Empresa, nunha xornada empresarial de networking e speedmeetings á que asistiron numerosas empresas asociadas.

Eduardo J. Salido Blanco, o noso Presidente, foi o responsable de realizar a presentación e dos dous vídeos explicativos que serán empregados para dar proxección á mesma. A empresa 100x100 Comunicación, que realizou o grafismo, explicou as persoas asistentes o proceso de deseño.

A primeira Xornada Empresarial Facendo Empresa, que contou coa financiación da Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, dentro das actividades da Rede Eusumo, tivo coma un dos seus obxectivos a posta en común de ideas para o lanzamento da marca, así como potenciar a xeración de novos negocios e relacións entre as empresas integradas na marca. Para iso celebráronse encontros de speedmeetings entre todas as empresas asistentes que pertencían a diversos sectores económicos.

Así foi a reunión:

 

 

+ noticias >>