COOPERACIÓN EMPRESARIAL PARA SOCIEDADES LABORAIS

Damos comezo ao itinerario de cooperación empresarial para dous sectores das sociedades laborais galegas

O pasado 17 de xuño deu comezo o Proxecto "Cooperación Empresarial", dirixido a cinco asesorías e a catro empresas do sector gráfico.

As reunións se celebrarán entre os meses de xuño e setembro, e os obxectivos a conseguir teñen que ver coa xeración de dinámicas estables de cooperación entre sociedades laborais galegas.

As sociedades laborais, coma empresas colectivas de propiedade compartida polas persoas traballadoras, xa teñen no seu ADN o valor da colaboración, polo que AESGAL quere darlles a oportunidade de crear espazos e dinámicas nas que se poidan sentir cómodas para coñecer outras iniciativas do seu sector ou de sectores complementarios, que lles axuden a explorar ideas de negocio ou servizos en común.

Na contorna das asesorías, as sociedades laborais participantes son:

VARELA Y LÓPEZ ASESORES SLL                  (Santiago)

INDICA ASESORES Y CONSULTORES SLL  (Vigo)

LABORSENN ASESORES SLL                          (Pontevedra)

RIOS CRESPO Y CARRO SLL                           (Betanzos)

INNOVA XESTIÓN GALEGA SLL                   (Riveira)

 

No tocante ás empresas do sector das artes gráficas, o colectivo non está aínda completado.

Agardamos que esta proposta sirva para xenerar novas perspectivas para as empresas participantes.

Está previsto que este proxecto estea financiado pola Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, pertencente á Consellería de Traballo, a través das actividades da Rede Eusumo.

 

+ noticias >>