Aberto o prazo de inscrición para persoas traballadoras da economía social galega. Se impartirán os cursos "Coñece ás sociedades laborais", "Creación de textos e presentacións en software libre" e "Organización de procesos de venda".
Ate o 27 de abril as persoas traballadoras da economía social (sociedades laborais, cooperativas, asociacións, centros especiais de emprego, etc.) poderán inscribirse nos nosos cursos, gratuitos e na modalidade de teleformación:
Coñece ás sociedaeds laborais: O modelo de sociedade laboral como iniciativa de emprendemento laboral, empresarial e social:
35 horas de duración. Data de inicio 4 de maio de 2015. Data de finalización:29 de maio de 2015.
Creación de textos e presentacións en software libre:
70 horas de duración. Data de inicio 4 de maio de 2015. Data de finalización:19 de xuño de 2015.
Organización de procesos de venda:
70 horas de duración. Data de inicio 7 de maio de 2015. Data de finalización:26 de xuño de 2015.
Para a inscrición precisamos que contactedes con nós no enderezo electrónico aesgal@aesgal.org para facilitarvos o documento a cumprimentar.