No día de hoxe saíron publicadas no DOG os programas de axuda ás empresas de economía social.
Recollemos un resumo dos mesmos no que afecta ás sociedades laborais, sinalando en grosa as novidades principais.
Prazo de presentación: 17/02 - 16/03/2017
Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
Este programa está dirixido a fomentar a incorporación de persoas desempregadas e traballadores/as con carácter temporal, como socios e socias traballadores/as ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido.
Beneficiarias: As cooperativas e sociedades laborais que incorporen como socios e socias traballadores/as ou de traballo as persoas que no momento da incorporación sexan desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego pertencentes aos colectivos determinados na orde de axudas.
Poderán resultar, así mesmo, beneficiarias as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como socios/as traballadores/as as persoas vinculadas á empresa por un contrato de traballo temporal.
Modalidades e contías: Pola incorporación de socias e socios traballadores ou de traballo ás cooperativas ou sociedades laborais, a contía da axuda será de 6.000 euros por cada persoa desempregada que se incorpore a xornada completa como socio ou socia traballador/a ou de traballo nunha cooperativa ou sociedade laboral, así como no suposto da incorporación como socio ou socia traballador/a ou de traballo das persoas vinculadas á empresa por un contrato temporal. Esta contía poderá verse incrementada en función do colectivo ao que pertenza a persoa incorporada como socia e a localización da sociedade laboral, en porcentaxes acumulables entre si do 25%.
Estas cantidades veranse diminuídas se o contrato é a tempo parcial. A contía máxima por empresa será de 67.500 euros.
Programa II. Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
Este programa ten como obxectivo o fomento do acceso á condición de socios e socias traballadores/as, ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, como xeito de promocionar o cooperativismo e a economía social facilitando a participación e plena integración na empresa, mediante a concesión de axudas económicas destinadas a financiar, parcialmente, a achega ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio/a.
Beneficiarias: Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que accedan á condición de socio/a traballador/a ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral e as persoas asalariadas deste tipo de entidades que accedan á condición de socio/a traballador/a ou de traballo, ou persoas socias traballadoras ou de traballo a tempo parcial que se incorporen a tempo completo, e as que se incorporen coma socias traballadoras en virtude da transformación da empresa na cal prestan servizos en sociedade laboral ou cooperativa.
Modalidades e contías: A contía das axudas poderá ascender ata 6.000 euros para a incorporación a unha cooperativa ou a unha sociedade laboral. Esta cantidade máxima poderá verse incrementada en porcentaxes do 25% acumulables entre si en función das características das persoas beneficiarias ou da ubicación do centro de traballo da empresa á que se incorporan coma socias. Tamén se verá diminuída se o contrato é a tempo parcial . En ningún caso poida ser superior á contía que corresponda subscribir en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais, de ser o caso, pola incorporación como socio ou socia.
No caso das sociedades laborais, o importe das axudas será recoñecido como accións ou participacións sociais desembolsadas do/a novo/a socio/a ao capital social. O importe das axudas recoñecido como capital social deberá manter o seu carácter de achegas ao capital social de sociedades cooperativas, ou de accións ou participacións sociais de clase laboral, no caso das sociedades laborais, durante un período mínimo de dous anos. Durante este período, non poderán ser obxecto de reembolso nin transmisión por actos inter vivos. Non obstante, o socio ou socia que cause baixa obrigatoria poderá transmitir a súa achega a favor da persoa que se incorpore para substituílo/a nas mesmas condicións e ata o final do referido período, como mínimo.
Programa III: Impulso de proxectos empresariais colectivos.
Beneficiarias: As sociedades laborais e cooperativas que realicen proxectos subvencionables. Consieranse proxectos subvencionables:
- Constitución de cooperativas ou sociedades laborais.
- Transformación doutras fórmulas empresariais en cooperativas e sociedades laborais.
- Lanzamento de novas áreas funcionais ou territoriais de actividade das cooperativas ou sociedades laborais existentes.
Accións subvencionables e contía:
Gastos de constitución.
Poderán ser obxecto de subvención ata o 75 % dos gastos ocasionados con motivo da posta en marcha dos proxectos que se indican a continuación, cos seguintes limites particulares:
- Ata 10 persoas: 1.000 euros.
- Máis de 10 persoas: 2.000 euros.
Estas cantidades poderán verse incrementadas nun 25% no caso das sociedades laborais se o proxecto supón a apertura de centro de traballo en concello rural.
Programa IV: Intercooperación e integración empresarial.
Beneficiarias: As cooperativas ou sociedades laborais que participen en proxectos de integración ou colaboración empresarial e que se agrupen para realizar conxuntamente a súa solicitude de axuda.
No caso de proxectos de integración empresarial requirirase un mínimo de dúas entidades participantes.
No caso doutros proxectos de colaboración, requírese un mínimo de tres entidades das que como mínimo dúas deben ser cooperativas ou sociedades laborais, tendo unicamente estas acceso á subvención.
Modalidades e contías:
1. Para a configuración de proxectos de integración:
2. Para actividades de investigación, desenvolvemento e innovación:
3. Comercialización e internacionalización:
o Estudios de viabilidade e proxectos técnicos necesarios. Ata 15.000.-€
o Xestión de tramitación de certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes conxuntas, ata 5.000.-€
A contía máxima que poderá ser concedida con cargo a este programa será de 5.000,00 € por cada cooperativa ou sociedade laboral participante, agás no caso de integración empresarial que se eleva a 10.000,00 € por entidade, e un límite máximo global de 30.000,00 € por solicitude.