Campaña de adaptación de estatutos das sociedades laborais

AESGAL apoia ás sociedades laborais galegas na adaptación dos seus estatutos á lei 44/2015.

A Lei 44/2015 de sociedades laborais e participadas obriga ás sociedades laborais a adaptar os seus estatutos a esta nova lei. O prazo de adaptación terase que facer antes do 15 de novembro de 2017, e a consecuencia da no adaptación será a imposibilidade de inscribir calquera tipo de acto no Rexistro Mercantil a partir desa data.

Para facilitar este proceso, AESGAL pon en marcha un proxecto de asistencia ás sociedades laborais galegas para realizar esta adaptación, modificando os artigos necesarios e informando ás persoas socias das materias susceptibles de acordo entre eles, de forma gratuita para as empresas.

Este proxecto rematará o 30 de setembro e está previsto para 50 sociedades laborais. Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico a aesgal(arroba)aesgal.org co asunto "ESTATUTOS (Nome da sociedade laboral que precisa a asistencia).A inscrición realizarase por estricto orde de chegada.

Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

 

+ noticias >>