METAL FERROL SAL premio RSE Galicia 2015

A nosa socia foi premiada na categoría de pequena empresa no eido social.

 

Os Premios RSE Galicia celebraron a súa primeira edición, na que resultou galardoada a nosa socia, a sociedade anónima laboral ferrolá Metal Ferrol. O premio corresponde ás súas accións encamiñadas a alcanzar un emprego de calidade a través da formación continua. Metal Ferrol leva anos traballando de forma responsable, sendo a segunda empresa de España en compensar íntegramente a súa pegada de carbono. Ademáis, coma sociedade laboral que é, a copropiedade e a corresponsabilidade están na súa filosofía empresarial, sendo socios oito dos seus once traballadores.

Metal Ferrol SAL está especializada no mecanizado de pezas metálicas e plásticos técnicos, as reparacións mecánicas industriais e a fabricación de bens de equipo e compoñentes para o sector eólico.

Esta empresa xa foi recoñecida por AESGAL na súa primeira edición dos premios Proxectos Visibles no ano 2013 polo seu compromiso co medio ambiente e co traballo estable e de calidade.

Ao acto, no que estiveron presentes representantes das galardoadas, de diversas áreas da Xunta de Galicia, dos sindicatos e de organizacións empresariais coma AESGAL, asistiron os socios traballadores de Metal Ferrol SAL Raquel, Jesús, Óscar e o director da empresa, Fernando Gutiérrez.

Máis información sobre o acto e o resto dos galardoados.

+ noticias >>